lunes, 26 de enero de 2015

El desarrollo de la digestión.



         El Desarrollo de la digestión.
A dixestión é o proceso de transformación dos alimentos, previamente inxeridos, en substancias máis sinxelas para ser absorbidos. A dixestión acontece tanto nos organismos pluricelulares coma nas células. Neste proceso participan diferentes tipos de encimas.

O sistema ou aparato dixestivo, é moi importante na dixestión xa que os organismos heterótrofos dependen de fontes externas de materias primas e enerxía para crecemento, mantemento e funcionamento. O alimento emprégase para xerar e reparar tecidos e obtención de enerxía. Os organismos autótrofos (as plantas, organismos fotosintéticos), pola contra, captan a enerxía lumínica e transfórmana en enerxía química, utilizable polos animais.

En cada paso da conversión enerxética dun nivel a outro hai unha perda de materia e enerxía utilizable asociada á mantención de tecidos e tamén á degradación do alimento en partículas máis pequenas, que despois se reconstituirán en moléculas máis complexas.

No corpo humano, é o proceso en que os alimentos, ao pasar polo sistema dixestivo, son transformados en nutrientes necesarios para o seu bo funcionamento.

Proceso:

Adixestión comeza na boca onde os alimentos se mastigan e mestúranse coa saliva que contén encimas que inician o proceso químico da dixestión, formándose o birlo alimenticio.
A comida é comprimida e diríxese dende a boca cara ao esófago mediante a deglutición, e do esófago ao estómago, onde os alimentos son mesturados con ácido clorhídrico que os descompón, sobre todo, ás proteínas desnaturalizándoas. O birlo alimenticio transfórmase en quimo.
Debido aos cambios de acidez nos distintos tramos do tubo dixestivo, actívanse ou inactivan diferentes encimas que descompoñen os alimentos.
No intestino delgado o quimo, grazas á bile secretada polo fígado, favorece a emulsión das graxas e grazas ás lipasas da secreción pancreática prodúcese a súa degradación a ácidos graxos e glicerina. Ademais o xugo pancreático contén proteasas e amilases que actúan sobre proteínas e glícidos. A maioría dos nutrientes absórbense no intestino delgado. Toda esta mestura constitúe agora o quilo.
O final da dixestión é a acumulación do quilo no intestino groso onde se absorbe a auga e posteriormente defecar as feces.

La Cavidad Vocal:
Nos humanos, a dixestión empeza na cavidade oral, onde os alimentos son mastigados. A saliva é secretada na boca, en grandes cantidades por tres pares de glándulas salivais (parótide, submaxilar e sublingual) e é mesturada pola lingua, coa comida mastigada.
Hai dous tipos de saliva: unha é unha secreción acuosa, delgada e o seu propósito é humedecer a comida. A outra é unha secreción mucosa, espesa, que contén as encimas ptialina ou amilase salival que hidroliza o amidón e a lisozima que desinfecta as posibles bacterias infecciosas; actúa como lubricante e causa que as partículas de alimento se manteñan pegadas unhas a outras formando un birlo.
Esófago:

O esófago e un tubo muscular delgado, de aproximadamente 25 cm de longo, comeza na farinxe, pasa a través do tórax e o diafragma e remata no cardia do estómago. A parede do esófago, posúe dúas capas de músculo liso, as cales forman unha capa continua dende o esófago ata o recto e se contraen lentamente por longos períodos de tempo. A capa interna de músculos esta arranxada de forma circular nunha serie de aneis descendentes, mentres que a capa externa esta arranxada lonxitudinalmente. Ao comezo do esófago, hai unha solapa de tecido chamada epiglote, que se pecha polo proceso de tragado, para previr que a comida entre á traquea. A comida mastigada, é empurrada a través do esófago ata o estómago, polas contraccións  destes músculos.

Intestino Delgado.
1. Bile, a cal emulsifica (Destruye) as graxas para permitir a súa absorción, neutraliza o quimo e é usada para excretar produtos de refugallo tales como a bilirrubina e os ácidos biliares. Non obstante non é unha encima.

2. Xugo pancreático. O xugo pancreático é a secreción exócrina (Fora do Copro) do páncreas.

Digestion de Grasas:
A presenza de graxas no intestino delgado, produce hormonas as cales estimulan a liberación de lipasa (Fermento contenido en los jugos digestivos) polo páncreas e bile da vesícula biliar. A lipasa, degrada a graxa en monoglicéridos e ácidos graxos. A bile emulsifica os ácidos graxos de maneira que poidan ser doadamente absorbidos. Os ácidos graxos de cadea curta e mediana, son absorbidos directamente dentro do sangue vía os capilares do intestino delgado e viaxan a través da vea porta tal como o fan outros nutrientes. Non obstante, os ácidos graxos de cadea longa, son demasiado longos para ser liberados directamente dentro dos pequenos capilares intestinais

viernes, 9 de enero de 2015